Tita - O Documental
Xoves, 04 Decembro 2014 09:17
O día 2 de decembro Atlantis Multimedia SL comezou en Muras a rodaxe do Documental TITA.
Ao longo da gravación descubriremos da man de Antía, porqué O LIBRO DOS NENOS que ela escribiu en 1958, estivo oculto 60 anos e aproveitaremos para ir descubrindo unha parte importante da vida desta muller de 93 anos que fundou o colexio Rosalía, un dos máis importantes referentes na renovación pedagóxica galega.
Se queredes podedes seguir toda a información da rodaxe polo facebook: TITAdocumental e o twitter: @TITAdocu