Programa de cursos de idiomas no estranxeiro

Xuventude pon en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos

Ofértanse os idiomas de inglés, alemán, francés, italiano, portugués e ruso con estadías en residencias, pisos de estudantes ou con familias en países dos cinco continentes.
 
Poden optar a esta iniciativa, cuxo prazo de inscrición xa está aberto, os mozos e mozas entre os 14 e os 30 anos.
 
O prazo para solicitar as prazas é aberto, tendo que facer a inscrición con 15 días de antelación entre os meses de xaneiro a maio e, de outubro a decembro, e con 30 días entre xuño a setembro.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2719/xuventude-pon-marcha-programa-cursos-idiomas-estranxeiro-para-mozos-mozas-entre