IMATXINA - Acto de Clausura


Benqueridos pais:

         Prácenos convidarvos á xornada de clausura da X Edición de Imatxina (Semana Matemática) que terá lugar mañán, venres día 22 de marzo, ás 19:30 horas, no Auditorio da Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31). A seguir do Acto de Presentación, poderedes desfrutar da Actuación: "Matemáticas Lúdicas: Crebacabezas, adiviñas e chistes" do profesor Pablo Flores Martínez
 
 
“Os matemáticos utilizan o enxeño para obter novas ferramentas e solucións a problemas da vida cotiá. Utilizar o enxeño pode resultar divertido, especialmente se se elixen escenarios axeitados. Nesta actuación, preséntanse situacións nas que se empregan matemáticas para afrontalas, resolvelas e formular novos problemas, tratando de realzar o papel creativo e lúdico das matemáticas”. 
 
 
Pablo Flores Martínez é profesor titular de Universidade, no Departamento de Didáctica das matemáticas, na Universidade de Granada. Catedrático de Instituto en excedencia. Doutor en Matemáticas. Autor de varios libros sobre o humor no ensino das matemáticas, e de capítulos de libros e artigos sobre esta temática e sobre a formación de profesores de matemáticas, os materiais didácticos para o ensino das matemáticas, e, en concreto, sobre os crebacabezas de arame como estruturas topolóxico métricas.
 
 
Co grupo LaX tivo un premio no concurso Ciencias en Acción, entre outras distincións. Pódese ver parte dos seus artigos e traballos na páxina web: http://www.ugr.es/~pflores/
 
Membro da Sociedade Andaluza de Educación Matemática THALES, e polo tanto da Federación de Sociedades de Profesores de Matemáticas, así como da Sociedade Española de Investigación en Educación Matemática, sociedades nas que ocupou postos de xestión.
        
         Recibide un saúdo cordial,
 
Polo Comité Organizador