Xornada Informativa - Bacharelato Curso 2014-15

 
Prezados amigos/as:
 
O vindeiro martes, día 11 de marzo, celebraremos nas instalacións da Escola unha “Xornada informativa” para dar a coñecer a nosa oferta educativa respecto ao Bacharelato ( materias, opcións, desdobles etc ) asi como as novidades relativas ás Probas de acceso á Universidade.
 
Por este motivo queremos convidar aos pais/nais dos alumnos de 4º de ESO a este acto no que ademais aproveitaremos a ocasión para clarificar calquera dúbida ou interrogante que poidan presentarse.
 
Asimesmo quixeramos pedirvos que fagades extensiva esta invitación a todas as familias que creades oportuno, aínda non formando parte da nosa Escola, e que pudiesen estar interesadas en asistir.
 
Saúdos cordiais
                                           O Equipo Directivo
 
Día 11 de marzo, martes
Ás 19:00 horas