Actividades alumnos 4º ESO

PROXECTO EMPRENDEDOR

Ao longo deste curso académico, 2013-2014, estamos a poñer en marcha en 4º de ESO, exactamente na materia "Obradoiro de Inciciativas Emprendedoras" un programa creado e promovido por "A Caixa", e proposto este ano en Galicia a catro centros no que se pretende fomentar nos alumnos o interese polo emprendemento e que sexan capaces levar a cabo un pequeno proxecto.

Este program...a educativo, dirixido a alumnos de Secundaria e Bacharelato, busca que aprendan o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora.

Os alumnos serán capaces de materializar o prototipo dun produto ou servizo que resolva unha necesidade. Ao mesmo tempo preténdese promover o crecemento persoal e potenciar a capacidade de iniciativa do alumnado.

Ao longo de aproximadamente 12 sesións utilizarase o material achegado pola entidade colaboradora e traballarase en grupos de cara á consecución do obxectivo final.
Para finalizar, poñer de relevo que é, dende o noso punto de vista unha oportunidade para que os mozos, se acheguen e se formen para o mundo profesional, desenvolvan a súa creatividade e potencien mellor as súas aptitudes.

 

OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS

A partir de setembro de 2009 a través da colaboración entre o Ministerio de Educación, o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores formalízase coa posta en marcha dun Plan de Educación Financeira na escola. No Rosalía de Castro o 4º curso da ESO concretamente na materia "Obradoiro de iniciativas emprendedoras".

O obxectivo fundamental dest...e plan é a mellora da cultura financeira do alumnado. Trátase de potenciar coñecementos, destrezas e habilidades de corte económico que permitan ao alumnado comprender a importancia de conceptos claves como o aforro, o presuposto, os gastos, os ingresos, o custo das cousas, a calidade de vida, o consumo responsable, etc, En último termo o obxectivo é que saiban aplicar o aprendido na súa vida cotiá, familiar e persoal.
Os contidos do devandito programa impartiranse no último trimestre do curso, para iso cóntase cunha guía achegada polo propio Banco de España e un portal gratuíto en internet, "gepeese" con todo tipo de recursos, materiais didácticos, xogos,etc. Nunca está de máis achegar aos nosos "homes/mulleres do mañá" a unha realidade tan importante e determinante nas nosas vidas