IMATXINA

 

Benqueridos compañeiros:
 
A Fundación Escola Rosalía e a Fundación Barrié, Educa Barrié, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, a colaboración da Escola Rosalía de Castro e o asesoramento pedagóxico de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) volta a organizar en Vigo este ano a X Edición da Semana Matemática, dende este ano IMATXINA.
 
Como veredes nesta edición, xunto co cambio de nome, hai melloras como a ampliación da duración das sesións e de días do evento.
 
Este evento tratará de achegar as matemáticas á sociedade en xeral, mediante obradoiros,  concursos e exposicións, amosando as matemáticas dende un punto de vista manipulativo e creativo. Comezará o día 10 de Marzo e rematará o 21 do mesmo mes.
 
Dado que vostedes xunto cos alumnos son a parte máis importante, agardamos a súa participación nos distintos actos programados. 
 Nesta X edición a sede segue sendo nas instalacións da Fundación Barrié, Policarpo Sanz Nº31.
 
 
Máis información na  web www.escolarosaliadecastro.edu.es