Concerto de Nadal

CONCERTO DE NADAL
17 DE DECEMBRO
 
A cargo do grupo: TROPICO DE GRELOS (Batukada Galega)
 
Ritmos afrobahianos... Cancións de aquí e de máis alén do mar... A enerxía do bloco de batuque...
Trópico de Grelos presenta  un espectáculo no que se combinan os instrumentos de percusión dos nosos blocos coas cantigas e as melodias respondidas polo coro de batuqueiras e batuqueiros. O Batuke Galego de Trópico de Grelos é un espectáculo feito para tocar entre as persoas, lonxe das barreiras que supón un escenario, contaxiando a ledicia e o ritmo entre todo o público.