Asociación Escola Rosalía de Castro

IMATXINA 2014

Ver edición actual

A Fundación Escola Rosalía e Educa Barrié, a aportación da Fundación Barrié para a comunidade educativa, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, a colaboración da Asociación Escola Rosalía de Castro, e o asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) volta a organizar en Vigo este ano a X Edición da Semana Matemática, dende este ano IMATXINA.

Obxetivos Xerais

  • Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
  • Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
  • Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
  • Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
  • Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
  • Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.

 

"Siempre he creído que el mejor camino para hacer las matemáticas interesantes a los alumnos y profanos es acercarse a ellos en son de juegos"

Martín Gardner

 

Rolda de Prensa

O venres 7 de marzo ás 10:30 na Sede da Fundación Barrié de la Maza presentación ante os medios de comunicación do programa da X Edición de IMATXINA.

Asistentes:

  • Javier López Martínez. Director Xeral da Fundación Barrié
  • Lara Menéndez Piñeiro. Presidenta da Fundación Escola Rosalía
  • Julio Ferro Marra. Profesor e responsable da organización e delegado en Vigo de AGAPEMA.