Saída a Naturnova

Prezados amigos:
 
            Este xoves, día 12 de decembro,  os alumnos de 3º Ed. Primaria faremos pola  mañá  unha  saída ao Centro Social Caixanova, onde realizaremos un percorrido polo centro de medio natural “NATURNOVA” para  visitar módulos interactivos relacionados co ciclo da auga, o noso planeta, o home  e o seu medio.
 
            Queremos lembrar o bo comportamento e actitude que debemos manter durante toda a saída, para poder conseguir os obxectivos que nos propoñemos.
 
            Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo,

                                     Os mestres