Banco de Alimentos

 
Estimados amigos:
 
Como xa vén sendo habitual dende hai moitos anos por estas datas, o Banco de Alimentos de Vigo solicitou á Escola a colaboración solidaria nunha nova campaña de recollida, a xa coñecida “Operación kilo”.
 
Serán os alumnos e alumnas de 2º de ESO os que se encargarán de recoller e  seleccionar todo o que o alumnado aporte.
 
Agradecemos que sexan alimentos envasados e con caducidades elevadas por se non se reparten de forma inmediata (aceite, arroz, pasta, leite, fariña, garavanzos, lentellas, conservas, azucre, productos típicos do Nadal, etc). Evitade no posible os envasados en cristal porque resultan fráxiles á hora do seu transporte.
 
Durante o mércores e xoves desta semana (días 11 e 12 de decembro) habilitaremos un espazo para que os nenos e nenas traian o que desexen. Esta é unha acción solidaria que os profesores estimamos como unha parte importante da educación dos nosos rapaces, e dende aquí instámosvos a que nos axudedes a facerlles ver o importante que é compartir con quen o precisa.
 
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.
 
Un saúdo.
 
 
                                                       Os profesores