Concurso Fotográfico

  
 
Os departamentos de Matemáticas e Ciencias convocan o I Concurso de Fotografía Científica da Escola Rosalía de Castro.

O obxectivo fundamental que nos propoñemos coa convocatoria deste concurso fotográfico é que os alumnos fagan uso da súa creatividade, da súa imaxinación e desenvolvan a súa capacidade de observación, apreciando e valorando as relacións do ámbito en que vivimos con diversos aspectos teóricos estudados nas materias de ciencias.

BASES DO CONCURSO

1. Poderán participar todos os alumnos de Ensino Secundario e de Bacharelato da Escola Rosalía de Castro de Vigo.

2. Estableceranse tres categorías:
    2.1. Categoría A. Alumnos de 1º e 2º de ESO
    2.2. Categoría B. Alumnos de 3º e 4º de ESO
    2.3. Categoría C. Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato

3. Os temas da fotografía varían segundo a categoría e serán os seguintes:
    3.1. Categoría A. Os números enteiros. (Matemáticas)
    3.2. Categoría B. O movemento. (Física e Química)
    3.3. Categoría C. A simetría na natureza. (Bioloxía e Xeoloxía)

4. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías en formato dixital e cuxo tamaño non supere os 5 mb.

5. As fotos enviaranse por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo indicando no asunto da mensaxe o nome do concursante e a categoría na que participa. No corpo da mensaxe, ademáis dos datos anteriores, incluirase un breve comentario (unha ou dúas liñas) que estableza a relación entre a imaxe e o tema tratado.
No arquivo da fotografía constará o apelido e o nome do alumno, nesa orde (por exemplo: fernándezemilio jpg)

6. As fotografías deberán ser inéditas e orixinais.

7. O prazo de entrega concluirá o día 10 de Marzo de 2014.

8. O xurado será designado polos departamento de Ciencias e Matemáticas e estará integrado por, polo menos, dous profesores de ambos os dous departamentos e por un representante do departamento de Plástica. O xurado valorará a orixinalidade, a adecuación ao tema, a idoneidade do título, o seu comentario e a beleza da foto. O fallo do xurado será inapelable.

9. A participación no concurso implica a autorización ao centro para que este dispoña libre e responsablemente das fotografías presentadas.

10. As fotografías gañadoras serán publicadas na revista da Escola e entregada aos seus autores debidamente ampliadas e enmarcadas.