Saída ao Museo do MARCO

 
Estimadas familias:
 
O vindeiro martes, día 3 de decembro, sairemos cos vosos fillos ao museo “MARCO” para visitar a exposición “VERANEANTES”.
                                                            
O programa educativo “AQUÍ  E AGORA”  desenvolve, en paralelo a esta mostra,  actividades para o mellor aproveitamento das posibilidades didácticas. Esta exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes, distribuidos por todos os espazos da planta baixa do MARCO. O percorrido comprende distintas paradas en función das necesidades do grupo. A visita concíbese como un diálogo ou conversación, e fronte a cada obra vanse formulando preguntas para que sexan os nenos quenes vaian extraíndo as súa propias conclusións sobre o que están apercibir.
 
Un saúdo,
 
Os mestres