Campaña de reciclaxe alumnos de 1º Bacharelato

Prezadas familias,
 
 
Unha das medidas que debemos de tomar para o aforro enerxético e frear o cambio climático é poñer en prática os “Tres R”, reducir, reutilizar e reciclar. Os alumnos de 1º de Bacharelato imos colaborar tamén este ano no concurso de recollida de cartuchos valeiros de impresión de tinta ou tóner, para a súa posterior reutilización.
 
A empresa Recolatlántico de Moaña recólleos e páganos unha cantidade, que será de axuda para a nosa viaxe de fin de curso. Haberá caixas na entrada da Escola para depositaros cartuchos.
 
  Grazas pola vosa colaboración.
 
                Alumnos e alumnas de 1º Bacharelato
 

NOTA: Os cartuchos e tóners de fotocopiadora NON se recollen.