Saída a Cotorredondo

 
Prezados amigos:
 
Os alumnos de 5º de E.P farán o vindeiro martes, día 5 de novembro, unha saída a Cotorredondo. Farán un sendeiro guiado polos arredores, onde verán unha mámoa, petroglifos  e aspectos desta época do ano (cogomelos, árbores, etc).
 
Cada neno levará a súa comida e bebida. Pregámosvos que leven calzado axeitado e prendas de abrigo-chuvia (estaremos toda a xornada no monte).
 
Voltaremos sobre as 17:00 h., a tempo para coller o autobús escolar, se fose necesario. Únicamente poderán utilizar o autobús aqueles nenos e nenas que son usuarios habituais deste servizo. A todos os demáis rapaces teredes que  recollelos na Escola entre as 17:15 e 17:30 h.
 
Tendo en conta como está o tempo, confirmaremos a saída ou o seu aprazamento o luns 4 verbalmente aos propios  alumnos e alumnas.
 
Un saúdo,
                                                                      
                                                      Os profesores