Viaxes ao Estranxeiro

  • Viaxe a Irlanda

Zonda Viaxes, Bray Language Centro y la Asociación Escola Rosalía de Castro   preparan un programa de ensinanza a medida para os vosos fillos, de entre 12 e 18 anos. Deporte, cultura, arte e ocio... todo listo para que só teñan que disfrutar da súa viaxe a Bray, Irlanda.
 

 Páxina principal - Viaxe a Irlanda 

 

  • Intercambio coa Jericho High School de New York
Dende a Escola somos concentes do atractivo que supón para os nosos alumnos e alumnas a experiencia dunha viaxe a un pais estranxeiro, xa non por unha cuestión lingüística senón polo achegamento a unha cultura diferente á nosa. Sendo firmes defensores destas enriquecedoras vivencias queremos ofrecemos aos alumnos de 4º de ESO a posibilidade dunha estadía nos EEUU na prestixiosa Jericho High School de New York.
 
 
Programa de intercambio Vigo - New York  2014 (22 de nov –9 de dec)
 
 
Os alumnos van acompañados por unha profesora nativa de New York, Carmen Portela, unha vez en NY a profesora de Jericho, Lucía Alonso, acompañaraos en todas as actividades.  Temos un tope máximo de 18 alumnos/as participantes, de haber máis demanda que oferta estableceremos uns criterios que se baseen nas cualificacións académicas.
 
Un requisito é que as familias dos alumnos que asistan ao intercambio estén dispostas a acoller á súa vez aos alumnos norteamericanos,  que virán en Semana Santa.