Centro Plurilingüe

 

Na Escola Rosalía de Castro a aprendizaxe do inglés faise dun modo absolutamente natural dende o primeiro día, en Educación Infantil os nenos e nenas disfrutan practicamente da metade da xornada diaria neste idioma. O profesorado, nativo ou completamente bilingüe non emprega outro idioma que non sexa o establecido como vehicular, neste caso o inglés. Esta sen dúbida é o idade máis acaída para que a aprendizaxe dun idioma estranxeiro se faga do modo máis natural posible, non ensinamos Inglés aos nosos nenos, ensinamos en inglés. O resultado final é un altísimo nivel de comprensión e asimilación que andando o tempo se verá traducido nun magnífico uso nas destrezas comunicativas, tanto orais como escritas. Este sistema de traballo está avalado por cincuenta anos de traxectoria, no Rosalía xa se traballa deste xeito dende 1961, tal e como se aplica nos sistemas máis vangardistas doutros sistemas educativos europeos hoxe en día.

Aí está a fórmula. Facer normal, facer natural o que en case todos os demais fan litúrxico e restrinxen a un espazo moi delimitado. O inxente número de horas nas que teñen sido inmersos cando rematan a súa vida escolar, xunto con esta práctica diaria posibilita neles un profundo coñecemento, unhas habilidades extraordinarias e sobre todo ver con total naturalidade  o emprego dun idioma que vén como cercano dende o primeiro día de clase.
  

En 2008-9 ponse en marcha a Sección Bilingüe, en Inglés, para a materia de Coñecemento do Medio (Science) no 1º Ciclo de Primaria, co obxectivo final de estender a toda esta etapa esta prática, incorporando cada ano un curso máis ata completar toda a Primaria. No 2014-2015, ou sexa, no curso actual, súmase ao proxecto 1º ESO na materia de Proxecto Interdisciplinar.

Para levar adiante este proxecto a Escola foi contratando a diferentes docentes que cumpren os requisitos establecidos pola lexislación en vigor ao respecto. A competencia lingüística das persoas que asumen estas clases é plena e a súa titulación é a que require a lexislación, hai ademais unha hora semanal adicada á coordinación entre as profesoras, tal como se dispón no marco legal. Esta fórmula resulta privilexiada para o alumnado, non vemos ningunha dificultade engadida senón todo o contrario, os beneficios son absolutos e a súa excelencia obvia. Os resultados ata ode agora son excelentes e o nivel do alumnado na materia de Inglés moi elevado, tanto na fala como na escrita.

Habilitáronse aulas para cada un dos ciclos nas clases de Science, de maneira que están todas dotadas de material TIC (unha pantalla dixital, un ordenador e un proxector).

 

 

O ensino - Aprendizaxe do Inglés no Rosalía