Folga Xeral do Ensino

 

COMUNICACIÓN CONCERNENTE Á CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL DO ENSINO DO XOVES, DIA 9 DE MARZO
 
 
Prezadas familias:
 
Perante a convocatoria de Folga Xeral do Ensino feita polos sindicatos poñemos no voso coñecemento que a Escola asegurará os servizos mínimos establecidos pola lexislación vixente.  Non será posible garantir un desenvolvemento normal das aulas.     
 
Con respecto ao funcionamento do servizo de transporte e tendo en consideración as circunstancias extraordinarias,  cremos que as familias han sopesar a conveniencia de utilizar ou non o autobús.
 
Agradecemos de antemán a vosa comprensión.
 
Saúdos cordiais,
                                                       
    O Equipo Directivo