Fin de curso 2012-13

Prezados pais:
 
           Recordámosvos que, de acordo co calendario escolar establecido pola Consellería de Educación, o último día de clase será este venres, día 21 de xuño. Este día non haberá comedor nin actividades extraescolares.
 
            A entrega de notas finais para E.S.O. e 1º de Bacharelato será o vindeiro martes, día 25 de xuño a partir das 12:30 h. Este día porase a disposición dos alumnos un servizo de autobuses que manterá os percorridos e paradas habituais, partindo das cabeceiras de liña ás 11:45 h. Sairán da Escola de regreso a casa ás 14:00 h.
 
 
                                               O Equipo Directivo