Comunicación Importante


Prezados amigos/as:
 
         No Consello Escolar celebrado o pasado día 21 de maio aprobouse por unanimidade, a proposta do Equipo Directivo, a seguinte directriz e que agora poñemos en coñecemento das familias.
 
            Na actualidade unha alta porcentaxe do alumnado é recollido polas respectivas familias ás horas de saída das clases xa que non son usuarios do servizo de transporte. En moitos casos constatamos que agardan á chegada dos pais nas instalacións da Escola, ben sexa no aparcamento ben sexa nos patios de recreo.
 
           Tradicionalmente as instalacións do Centro permanecen abertas despois da xornada escolar para facilitar a recollida dos alumnos pero a responsabilidade da súa vixilancia non se pode estender de forma indefinida no tempo. Por ese motivo esa franxa horaria “fronteiriza” debe estar perfectamente definida, e as familias han ser coñecedoras de que pasados quince minutos, considerados de cortesía, da hora oficial da finalización do horario lectivo, a Escola non se responsabiliza da seguridade dos nenos que aínda continúen nos límites físicos do recinto.
 
        Saúdos Cordiais
 
                                                            O Equipo Directivo