Actuación Patinaxe

Este pasado venres día 17 de maio, os nenos da actividade extraescolar de Patinaxe, actuaron no pavillón das travesas mostrándonos a súa melloría ao facer unha coreografía con piruetas, elevacións e formacións con elementos moito máis complicados. O certo é que arrancaron moitos aplausos e unha gran sonrisa de orgullo de Ana, a súa monitora, e das súas familias. Agora mostraranos a súa coreografía na festa da Escola o vindeiro 31 de maio e para pechar a tempada, o noso equipo de patinaxe actuará nunha exhibición en Salceda de Caselas.

¡¡¡Unha estrela para os nosos patinadores/as!!