Folla Matemática

 
Acaba de ver a luz unha nova publicación producto do traballo de dous dos profesores de Matemáticas da Escola, Julio Ferro e Carlos Vázquez, este libriño é unha escolma da “Folla Matemática”, que ao longo de cinco cursos confeccionaron xunto cos seus alumnos. Un modo ameno de achegar as Matemáticas a todos, adiviñas, problemas, xogos, ilusións visuais etc enchen as súas páxinas, para poñer a probas as nosas habilidades e sendo ao tempo un manual de traballo para as aulas.