Reciclaxe en 3ºEI

 

 
O compromiso da Escola co coidado e respecto polo medio ambiente tradúcense en transmitir aos nosos nenos a importancia que ten a reciclaxe de materiais e o seu emprego posterior en obxectos útiles de uso cotían. Nestas pasadas semanas os profesores e alumnos da aula de cinco anos, Educación Infantil, traballamos explorando as posibilidades que nos ofrecen os materiais usados, tales como o cartón ou o papel. O resultado é moi satisfactorio e enriquecedor, neste proceso os nenos e nenas son protagonistas e futuros axentes no coidado do entorno. Queremos compartir con vós o proceso e o resultado, agardamos que vos guste e que o disfrutedes cos vosos fillos.