Saída á Fundación Laxeiro

Estimadas familias:
 
O vindeiro luns, día 6 de maio, faremos cos vosos fillos unha saída pedagóxica á “Fundación Laxeiro” para darlles a coñecer aos nenos e nenas o percorrido da obra deste xenial artista galego.
 
Os nenos e nenas xa saben que deben portarse ben e prestar moita atención, pero por se acaso se lles esquece, recordarllo antes de saír de casa.
 
Un saúdo.
 
                                                Os profesores