Saída á granxa Kiriko

Prezadas familias:
 
 
O martes, día 21 de maio,  faremos unha saída á “Granxa Kiriko” en Fornelos de Montes. Alí estaremos en contacto coa natureza e participaremos en actividades relacionadas cos animais, as plantas e os alimentos.
 
 
Sairemos á primeira hora da mañá e voltaremos sobre as 17 horas á Escola, onde teredes que recoller aos nenos. Dado que ese día haberá as rutas habituais de regreso no autobús escolar dos martes pola tarde, é preciso que aparquedes pola parte de arriba da Escola e accedades ao parvulario polo patio de goma, igual que ao mediodía.
 
O derradeiro tramo da viaxe ten moitas curvas, polo que os nenos e nenas con tendencia a marearse , se o considerades, deberían tomar algún medicamento á ida e á volta.
 
            Un cordial saúdo.
                                              Os mestres