Xornada Informativa para o Bacharelato

O vindeiro mércores, día 10 de abril ás 19 h., celebraremos nas instalacións da Escola unha “Xornada informativa” para dar a coñecer a nosa oferta educativa respecto ao Bacharelato ( materias, opcións, desdobles etc ) así como as novidades relativas as Probas de acceso á Universidade.

Por este motivo queremos convidar aos pais e nais dos alumnos de 4º de ESO a este acto no que ademáis aproveitaremos a ocasión para clarificar calquera dúbida ou interrogante que poidades ter.

Asimesmo, quixeramos pedirvos que fagades extensiva esta invitación a todas as familias que creades oportuno, aínda non formando parte da nosa Escola, e que puideran estar interesadas en asistir.

Saúdos cordiais,


O Equipo Directivo