Charla para pais e nais de 6º EP, ESO e Bacharelato

AOS PAIS E  NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º e 6º E.P., ESO E BACHARELATO
 
 
Estimados amigos:
 
            Como lembraredes da reunión  de comezos de curso, a nosa Escola é consciente da preocupación que para moitos de vós supón afrontar “A adolescencia e os problemas relacionados con esta idade”. Con  tal motivo, a Asociación Alborada, especializada neste tipo de problemática, ofrécenos unha actividade dentro do PROGRAMA CREATIVE, enmarcada dentro do Plan Local de Drogas do Concello de Vigo, dirixida a todos os pais e nais con fillos e fillas nesta idade tan desconcertante.
 
            Cun carácter básicamente participativo, en dúas sesións-charlas,  levadas a cabo polos educadores sociais desta organización, preténdese proporcionar información acerca desta cuestión ademáis de dar consellos sobre cómo actuar se fose preciso.
 
Nas charlas abordaranse os seguintes temas: “Os límites e normas na educación dos nenos e nenas e adolescentes. Comunicación familiar. Resolución de conflictos”.
 
            Invitámosvos, polo tanto, a participar nestas charlas que terán lugar na aula Pitágoras na nosa Escola os vindeiros martes 21 de xaneiro e 11 de febreiro ás 19:00 h.
           
            Un saúdo cordial,
 
           
                                                           Os profesores