Recollida de tapóns de plástico

 

Prezados amigos/as:
 
               Dende a Escola queremos sumar os nosos esforzos á recollida solidaria de tapóns de plástico para axudar a todos aqueles nenos e nenas que dun ou doutro modo precisen de axuda, ben sexa para costear tratamentos médicos, ben sexa para a adquisición de material que mellore a calidade das súas vidas. Ao tempo que se recicla este material sabemos que faremos un pouco máis fácil os momentos complicados polos que están pasando outras persoas. Podedes traer e depositar todos os tapóns que queirades ás caixas que xa están colocadas polos corredores do colexio.
 
               Moitas grazas
                                      

  
Este é un destino da colaboración de todos: