Recollida de Xoguetes

Prezados amigos:
 
Nestas datas tan especiais, nun momento tan complicado para moitas persoas, a Escola  debe e quere ser transmisora dun valor fundamental como é o da solidariedade con quen máis o necesita.  De novo este ano abordaremos entre todos un reto ilusionante: “Un sorriso polo Nadal “.
 
O Proxecto, como sabedes, consiste nunha campaña de recollida de xoguetes, usados ou novos, para que despois a través da ONG “Vida Digna” se repartan entre os nenos menos favorecidos da nosa cidade.
 
Cremos que esta será unha actividade moi interesante que busca a implicación persoal dos nosos nenos e nenas e a práctica da empatía cos que non disfrutan dos privilexios que ás veces xa consideramos un dereito.
 
Serán os alumnos e alumnas de 3º de ESO os que se encargarán de recoller e  seleccionar todo o que o alumnado aporte.
 
Durante o vindeiro venres  e luns (días 16 e 19) habilitaremos un espazo para que os nenos traian o que desexen.
 
Moitas grazas pola vosa colaboración.
 
Un saúdo,
 
                                               Os profesores