J. Rof Codina

 

(O Prat de Llobregat, Barcelona, 31-VIII-1874; Lugo, 17-VIN-1967).
 
Este ilustre veterinario é o terceiro do catro fillos dunha familia humilde. Asistiu á escola, traballou no taller de herrería e cerrajería do seu pai, e posteriormente marchou a Madrid para estudar a carreira de Veterinaria. Terminada esta, aprobou as oposicións a Sanidade Militar, e en 1898 foi destinado como tenente ao terceiro Rexemento de Artillaría de Montaña de Lugo.
 
Sancionado polo seu coronel, houbo de pedir o traslado a Granada, en cuxa Universidade asistiu a clases de Ecoloxía, Botánica e Mineraloxía. En maio de 1902 contrae matrimonio en Lugo con Concha Carballo. Alí abre un consultorio veterinario, anunciando as vacinas preventivas contra o carbunco e outras enfermidades do gando. En 1906 funda, co seu cuñado a Gran Clínica Veterinaria. Conseguen a representación do Instituto Pasteur para Galicia e Asturias, de onde lles envían as vacinas, publican o Boletín Mensual da Gran Clínica Veterinaria.
 
Á capital coruñesa trasládase en 1910 coa súa familia, decidido a continuar como inspector provincial a tarefa que se impuxo. Durante a Ditadura de Primo de Rivera é expedientado e enviado a Córdoba, por organizar a X Comida Veterinaria en honra do seu amigo Félix Cordón Ordás, militante republicano, desterrado en Ponche-Barxas. As continuas protestas agrícolas e as cheas de telegramas que recibiu o ministro en solidariedade con Rof Codina, levaron a este a anular a sanción.
 
En 1932, Cordón Ordás, director xeral de Gandaría, reclámao en Madrid para dirixir a Inspección Xeral Veterinaria. En xullo de 1936 é nomeado inspector de Gandaría da provincia de Madrid. Ao terminar a guerra foi expedientado e enviado a Tenerife, onde continuou co seu labor agropecuario e os seus traballos xornalísticos na prensa local.
En 1941 o xefe da estación pecuaria de Lugo, tamén expedientado, pediulle unha permuta e regresou a Lugo.
En 1944 organiza a Cátedra Móbil de Divulgación Pecuaria de Galicia. Organiza cursos por todo o país, colabora cos mestres rurais e fai excursións cos seus alumnos a modernas explotacións. Mantén frecuentes contactos con Portugal.
Cando cumpre os 90 anos é elixido lucense do ano. En 1965 outórgaselle a medalla de ouro da Asociación Nacional Veterinaria. A morte sorpréndeo en 1967 preparando un traballo sobre a célula para un concurso da Universidade de Murcia.