Día Internacional contra a violencia de Xénero

Prezados amigos/as:

 
O vindeiro 25 de novembro celébrase o Dia internacional contra a violencia de Xénero, co gallo desa celebración o Concello de Vigo ten previstas diferentes actividades no ámbito escolar, unha delas é a realización dunha exposición colectiva na rúa do Príncipe, dende a tarde do martes 20 ata o venres 23 de novembro.
 
Os alumnos da Aula de Educación Plástica matriculados en 4º de ESO, participarán na mesma en representación da nosa Escola cun traballo en acrílico sobre lona que plasma cómo ven esta tan preocupante cuestión. Queremos animarvos a que visitedes este espazo público cos vosos fillos; concienciar ás novas xeracións sobre este tema é prever o futuro.
 
Sabendo que podemos contar co voso apoio agardamos por vós.
 
Saúdos cordiais
O Equipo Directivo
 

Imaxes da Exposición