Folga Xeral 14 de Novembro 2012

Prezadas familias:

Perante a convocatoria de folga xeral feita polos sindicatos poñemos no voso coñecemento que a Escola asegurará os servizos mínimos establecidos pola lexislación vixente. Non será posible garantir un desenvolvemento normal das aulas.

Con respecto ao funcionamento do servizo de transporte e tendo en consideración as circunstancias extraordinarias, cremos que as familias han sopesar a conveniencia de utilizar ou non o autobús.

Agradecemos de antemán a vosa comprensión.

Saúdos cordiais

O Equipo Directivo