Axudas para estudos non universitarios

Prezadas familias:
           
            Informámosvos, por se resulta do voso interese, que está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2012-13 para alumnado de estudos non universitarios. O prazo de presentación será ata o día 1 de outubro.
 
Toda a información desta convocatoria pódese atopar na páxina do Ministerio de Educación:
 
A solicitude atópase no apartado de “trámites y servicios” e haberá que facela por vía telemática.
 
Un saúdo cordial,
 
                                                       A Administración