Solicitude de Praza

Prezadas familias:
 
 
Recordámosvos que o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso escolar 2012-13 será dende o día 1 de marzo ao 10 de abril, ambos inclusive.
 
A partir desta data podedes recoller na Secretaría da Escola os impresos para a solicitude de praza. Deberedes cubrir debidamente e asinar o Anexo II (3 follas) e presentalo na Secretaría do centro dentro do prazo (con rexistro de entrada). Recordámosvos que a folla 3 do Anexo II, tedes que asinala o pai e a nai.
 
Ademáis, co fin de facillitar o cálculo das posibles puntuacións no caso de ter que baremar, por ter máis solicitudes que prazas ofertables, agradecémosvos que xunto coa solicitude acheguedes tamén a seguinte documentación:
 
Ø Fotocopia do D.N.I. do neno ou nena ou no seu caso fotocopia do Libro de Familia onde estea asentado o neno ou nena. En caso de  ter irmáns no centro a fotocopia será do Libro de familia completo.
 
Ø Certificado do Padrón Municipal do neno ou nena para adxudicación de puntos por proximidade de domicilio, se fose o caso.
 
Ø Calquera outra documentación acredidativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos (proximidade por traballo do pai/ nai, certificación de familia numerosa, minusvalías, etc...)
 
 
A Administración