Pitágoras

 Pitágoras (h.-580 a h.-496) filósofo grego, naceu en Samos. Aínda que non se posúen datos certos da súa vida, parece que estivo en contacto con sacerdotes exipcios que agudizaron o seu interese pola especulación matemática. O seu auténtico interese radica en ser o fundador dunha seita místico-relixiosa caracterizada pola súa dedicación ao estudo das matemáticas e por practicar un tipo de vida comunitaria de fortes resonancias órficas. A achega filosófica de Pitágoras é inseparable do conxunto doctrinal que chamamos pitagorismo.

 
Teorema de Pitágoras: proposición xeométrica segundo a cal nun triángulo rectángulo o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos.