Prantación de Carballos

Prezadas familias:

 
                      Co gallo da celebración dos cincuenta anos da Escola Rosalía de Castro, outros tantos alumnos do centro de entre os tres e os dezaoito anos, realizarán o vindeiro venres 13 de xaneiro unha simbólica plantación de medio cento de carballos. Un por cada ano de vida desta Escola.
 
                      Mercede a un acordo de colaboración mútua, a Entidade Local Menor de Bembrive atendeu sen dubidar ao pedimento que dende o centro educativo se lle prantexou nas pasadas semanas. A idea consistía en que un total de cincuenta nenos e nenas, en representación dos case oitocentos alumnos, prantasen nun dos montes de Bembrive unha pequena fraga de carballos como prolongación do noso aniversario e ao tempo realizaran unha actividade de concienciación medioambiental. Postos en contacto co técnico forestal da entidade, facilitouse un espazo no que as xeracións futuras do Rosalía poidan verse en certo modo reflectidas outros tantos cursos. A elección da especie non é casual pois simboliza a forte raigame coa terra, a fermosura da árbore, a Galicia e a lonxevidade que desexamos para o Rosalía. Cada un destes carballos levará o nome de cada unha das aulas da Escola como se dunha prolongación das mesmas se tratase.
 
                       O acto terá lugar o próximo venres dia 13 de xaneiro ás 12’00 h
 
 
                       Rafael Gutiérrez Araújo

                       Director