Plan Navega con Rumbo polo Ciberespacio

 

Prezadas familias:
 
            Enviámosvos a ligazón que recolle toda a información transmitida na charla impartida onte na Escola por unha enxeñeira do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia.
 
 
            Presentouse o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada á, navegación con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é  mentalizarnos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
 
 
 
 
 
Un cordial saúdo,

 

O Equipo Directivo