Dinamización da Web da Escola

Estimadas familias,
 
 
       Como sabedes nos últimos anos estamos a potenciar o uso da Web da Escola incorporando contidos e servizos. Nesta ocasión é un pracer informarvos de que xa podedes acceder ás fotos do segundo semestre do curso 2010/2011. Atoparédelas na sección: “galería fotográfica” sempre tras a introdución da vosa clave persoal.
 
      Co gallo do 50 aniversario da Escola, elaboramos unha sección especial na que se recolle documentación e imaxes destes anos. Agardamos que vos guste.
 
     Por outra banda recordámosvos que a través da nosa páxina podedes, ademais, solicitar: entrevistas cos titores, certificados, listas de cumpreanos, consultar o calendario, descargar audios dalgúns libros de texto, etc.
 
 
Un saúdo
 
 
 
Ángel Peteiro