Igualdade

 

Desde os seus inicios, a Escola construíu e alimentou unha cultura baseada na tolerancia coas diferenzas ideolóxicas, culturais, relixiosas, raciais, intelectuais e socioeconómicas, onde os únicos límites son a falta de respecto cara a un mesmo e cara aos demais.
 
Unha das sinais de identidade do Centro foi, dende sempre, a coeducación. Máis aló dunha educación mixta, a Escola fomentou unha educación baseada na igualdade de sexos, onde as potencialidades e individualidades de nenas e nenos recoñécense con independencia do seu sexo.
 
Seguindo esta filosofía, a Dirección do Centro deu un paso máis na súa xestión da igualdade, coa promoción do I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES.
 



¿Qué significa o PIOMH na Escola Rosalía de Castro?

 

O Plan ten como obxectivo final velar pola aplicación da igualdade de oportunidades na xestión dos recursos humanos da organización. É dicir, ten como finalidade completar a aplicación da igualdade que xa vén realizando a nivel educativo, cunha xestión integral que abarque a toda a organización.
O I Plan de Igualdade da Escola deriva dun diagnóstico previo que permitiu coñecer a situación de igualdade entre mulleres e homes na organización.
Este estudo pon de manifesto que, aínda sen contar cun programa e unha planificación en materia de igualdade, a política de organización e xestión do Centro levou a unha toma de decisións e implantación de medidas que garantiron en gran medida a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en materia de acceso ao emprego na Escola, nas condicións de traballo, no acceso á formación organizada desde o propio Centro, na política retributiva e nas medidas de conciliación.

Neste primeiro Plan de Igualdade, a Escola céntrase en establecer mecanismos para o mantemento daquelas condicións que actualmente son positivas, na adopción de medidas para favorecer a visibilidade das medidas xa implantadas e na posta en marcha de novas accións que completan a situación actual. 
 

 

Como resumo, as principais medidas que a Escola porá en marcha e manterá durante o tempo de vixencia do I Plan de Igualdade (2011 - 2013) son as seguintes:
  • Creación e funcionamento do Comité de Igualdade do Centro.
  • Creación e mantemento de canles de comunicación para a proposta de medidas de mellora, corrección ou actuacións denuncia de situacións relacionadas coa igualdade.
  • Creación e mantemento dun rexistro, con diferenciación de sexo, sobre condicións de contratación, salariais e de formación.
  • Formación e difusión en materia de igualdade de oportunidades e medidas de conciliación implantadas no Centro.
  • Elaboración e entrada en vigor do Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
  • Canle de comunicación cara ao exterior sobre as accións de igualdade da Escola.

 

Documentos de interese:

  1. Protocolo de actuación e prevención fronte ao acoso moral, sexual e por razón de sexo no colexio Rosalía de Castro.
  2. Plan de igualdad do colexio Rosalía de Castro.

 

 

Subvencionado por: