Axudas Adquisición de Libros 2011-2012

 

 

 

Comunicámosvos que no día de onte saiu publicada no Diario Oficial de Galicia a “Orde do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial”

 

 

 

 

                Para aqueles que desexedes optar á axuda, deberedes presentar a solicitude segundo o anexo I desta orde. As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería e tamén se poderán descargar en formato pdf do portal educativo no enderezo electrónico www.edu.xunta.es

 

 

 

, onde tamén podedes atopar toda a información necesaria ao respecto.

 

 

 

 

Documento do DOG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un cordial saúdo.

A Administración