Alvaro Cunqueiro

 

Naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. Abandonou a carreira de Filosofía e Letras polo xornalismo, ao que dedicou toda a súa vida. Foi colaborador do diario vigués Faro de Vigo, do que foi director durante moitos anos.
 
Cunqueiro, que na actualidade é un escritor profesional, iniciouse literariamente como poeta, publicando antes da guerra civil tres libros de poemas nos que, como único vehículo lingüístico utilizará o idioma galego:
 
Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira. Esta obra, xunto con Dona do corpo delgado, na que mestura poemas netrovadorescos e vangardistas, fai que Cunqueiro poida ser incluído no Neotrobadorismo. Ademais, publicou outro libro de poemas, Elexías e cancións. Ao porse de moda a poesía social, Cunqueiro pasou a escribir libros de prosa. Inicialmente vai utilizar o castelán. A súa produción comézaa en 1936 coa aparición en Santiago do mundo e outras vésperas. Sucesivamente apareceron A historia do cabaleiro Rafael, Balada das damas do tempo pasado, San Gonzalo, O sete contos de outono e O cabaleiro, a morte e o diaño. Tamén pertencen á literatura castelá As mocidades de Ulises e Un home que se parecía a Orestes.
 
A súa obra narrativa en galego iníciaa con Merlín e familia, á que seguirán As crónicas do Sochantre e Se ou vello Sinbad volvese ás illas....
 
As notas claves da obra literaria de Cunqueiro son a combinación da realidade coa fantasía, a deformación do tempo e o espazo, e a utilización de índices ao final de moitas das obras nas que nos dá os datos biográficos dos seus imaxinarios personaxes coma se de alguén real se tratase.
 
O propio de Cunqueiro é unha mestura de fumes, fantasía, lirismo, reminiscencias de antigos mitos e un realismo intemporal. Toma os mitos e refaios ao seu modo; os seus mitos son os dos libros de Cabalarías, os da Cristiandade, e cando os inventa aseméllaos a estes colocándolles o don diante. O seu mundo, que por este motivo podería parecer histórico, non o é porque o tempo non significa nada; é un mundo arquetípico.
 
Ademais destas producións puramente literarias pertencentes á literatura de creación, tamén escribiu libros de cociña, A cociña cristiá de Occidente, A cociña galega e catálogos turísticos como Rutas de España: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela; O Camiño de Santiago e Vigo e a súa ría. O 21 de abril de 1963, no seu Mondoñedo natal, foi recibido pola Real Academia Galega para ocupar a vacante de Cabanillas.