Esposos Curie

 

Pierre naceu en Paris no ano 1859, estudou na Sorbona e dedicouse desde moi nova, co seu irmán Paul-Jacques, ás investigacións científicas, casou con Marie Sklodowska (Varsovia 1867 - Sallanches 1934), de orixe polaca, no ano 1895.
 
Pierre, seguindo os estudos de H. Becquerel, que descubrira a radioactividade, conseguiu xunto coa súa muller illar no ano 1898 o Polonio e máis tarde o Radio. Marie, nese mesmo ano, descobre a radioactividade do Torio e o Radon.
 
No ano 1903 Pierre e Marie Curie reciben o premio Nobel de Física, xunto con H. Becquerel. Marie convértese así na primeira muller gañadora dese premio. En 1904 Pierre obtén a cátedra de Física Xeral da Sorbona.
Pierre morreu no ano 1906, atropelado por un camión. Tras a morte de Pierre, Marie (en 1906) ocupa a cátedra de Física na Universidade da Sorbona de París.
No ano 1911 Marie consegue o premio Novel de Química, sendo a primeira persoa á que se lle concedeu o premio Nobel por segunda vez. Marie en París fundou o Instituto do Radio, do que foi nomeada directora. Durante a primeira guerra mundial organizou os servizos radiolóxicos do exército francés. Marie morre no ano 1934.