Aula de Plástica

 

 
Os nenos, ao realizar os seus deseños e debuxos non se preocupan por representar “ben” as cousas, son máis simbolistas que naturalistas e non están interesados en levar a cabo unha similitude exacta, dentro desta necesidade non teñen cabida as situacións nas que o adulto ( pai ou mestre) proporcione modelos que o neno deba imitar, se o fixera interfiriría gravemente a capacidade de crear símbolos propios que representen a imaxe mental que como individuo posúe dos obxectos e do mundo que o rodea.
  
Se o adulto é incapaz de respectar a visión sincrética do neno e lle presenta os símbolos produto da súa propia visión, obriga a realizar unha transferencia das súas necesidades ás súas posibilidades, co cal se freará o desenvolvemento do seu pensamento, inhibindo a súa capacidade de simbolizar e atlerando a posibilidade de transformar ese símbolo en signo. Cando o debuxo se concibe no neno como un “enredo” realízase unha visión moi superficial do tema .
 
No neno o acto de debuxar é sempre indicio do proceso de acomodación ao mundo exterior con respecto aos seus esquemas, e dos seus esquemas con respecto ao mundo exterior. Estes son algúns dos motivos polo que rexeitamos a idea dos libros de colorear, dos xoguetes estereotipados, dos modelos etc.
 
Elvira Martínez, mestra
Aula de Educación Plástica (1972-2005)
Monográfico sobre A Plástica.
Revista Trisquel nº20, Maio 2007.