Saídas Pedagóxicas

 
 
A base da aprendizaxe. Os cinco sentidos, a interacción entre os nenos e o medio, significan o ser e o estar. Unha máxima indiscutible afirma que aprendes mellor o que vives que o que che contan.

Posiblemente estas son as actividades que os alumnos da nosa Escola agardan con máis impaciencia, significa ese día ou días para eles unha experiencia que lembran moito tempo despois como algo case único. Despois de tanto tempo estas "saídas" xa forman parte do celme, da esencia máis fonda do Rosalía.

Un dos obxectivos primordiais é achegalos á realidade para que se enfronten a ela de forma máis autónoma posible, por ese motivo adecuamos cada unha delas a unha idade e a un curso buscando a idoneidade. Combinando o lecer co traballo pretenden a integración grupal, a convivencia total que lles permitan coñecerse un pouco máis entre eles e a sí mesmos. Existe por suposto unha preparación previa e un traballo posterior nas aulas para completar o círculo.