Escola Rosalía de Castro (1961-2011)

Na mañá do catorce de setembro de 1961 trinta e oito nenos e nenas traspasaron o limiar da Escola Rosalía de Castro, alí agardaban por eles Antía Cal e outros dous profesores máis. Foi o primeiro día do primeiro curso, a ese seguiron outros cincuenta primeiros días e outros cincuenta cursos. Esta páxina web pretende render homenaxe e dar cabida, aínda nunha pequena mostra, aos milleiros de nenos e nenas, ducias de profesores e centos de familias que fixeron, fan e farán posible unha das tarefas máis gratificantes: guiar e preparar a un neno para a vida .

 
Os edificios
 

Un crecemento constante fixo que nestes anos a Escola modificara a súa ubicación ata en tres ocasións, dende Pizarro ata Bembrive, pasando pola Gran Vía. O actual é un edificio tan singular como a propia Escola, luminoso, alegre e conectado co exterior. Estades convidados.

 

As letras galegas

Dende o primeiro momento e nun contexto adverso, o respecto e a querencia para coa lingua galega traduciuse na súa presenza natural e cotían, cando este era un tema tabú. Celebrar esta efemérede na Escola ao tempo que se fixo de maneira oficial dende 1963, deixa ben claro cal é a postura do Rosalía  dende o primeiro momento.

Profesores e nenos

Moito máis, moito máis porque non só existe a relación docente. No Rosalía esa relación vai máis alá. Confianza profunda,  cariño e respecto recíproco. En galego o verbo “aprender” encerra o doble significado, dar e recibir coñecementos ou experiencias; na Escola os profesores e os cativos aprendemos xuntos, uns dos outros.

Familias 

Nada deste proxecto tería sido posible sen a confianza que os pais e nais depositaron nos primeiros pasos desta longa andaina. Aquí vai o recoñecemento ás primeiras familias que apostaron por unha maneira diferente de facer as cousas.Onte, hoxe e mañá. Cada día deixades aos vosos fillos nas nosas mans,  coa tranquilidade de saber que a vosa é unha excelente escolla.

 
50 anos de escola
 

SÍGUENOS EN:

 
 

Twitter:

 
 
Páxina Facebook:
 
 
Perfil Facebook: