Rosalía de Castro

Rosalía de CastroNace en Compostela o 24 de Febreiro de 1837. É filla de José Martínez Viojo, cura de Iria (Padrón), e de Mª Teresa da Cruz de Castro e Abadía, hidalga da casa grande de Retén (Padrón). O ser filla de sacerdote conleva o distanciamento dos seus pais e o non poder tomar os seus apelidos polo que se cría cunha tía paterna.

Ao redor de 1850 trasládase a Compostela onde recibe formación artística e literaria. Entra en contacto con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Rodríguez Seoane e Manuel Murguía. A finais dos anos cincuenta trasládase a Madrid onde publica un libro de poemas en castelán, A Flor.

En 1858 cásase co xornalista e investigador Manuel Murguía. Debido ós cargos do seu marido desprázanse dun sitio para outro, Santiago, Madrid, Lugo, Simancas, A Coruña, etc. ata pasar os últimos días da súa vida en Padrón.

Un dos seus fillos nace morto e outro morre ós dous anos creando unha situación de amargura ata que falece, o 15 de Xullo de 1885. Os seus restos mortais atópanse na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval en Santiago de Compostela.

A súa obra literaria é extensa:

  • A filla do mar,
  • Flavio,
  • Album da caridade,
  • Cantares galegos,
  • O cabaleiro das botas azuis,
  • Follas novas,
  • O primeiro tolo,
  • Nas beiras do Sar e
  • Conto galego.

A súa obra está chea de sentimento, describindo a Galicia popular en toda a súa extensión ata no referente á realidade social da época.

"Este vaíse e aquel vaíse.

e todos, todos se van.

Galicia, sin homes quedas

que te poidan traballar.

Tes, en cambio, orfos e orfas

e campos de soledad,

e nais que non teñen fillos

e fillos que non tén pais.

E tes corazós que sufren

longas ausencias mortás,

viúdas de vivos e mortos

que ninguén consolará. "

(Follas Novas)

Un poeta nipón rende homenaxe a Rosalía coa tradución de “Cantares Galegos”

Ó poeta xaponés Shozo Nakanishi e ó catedrático Xesús Alonso Montero uniulles Rosalía. O primeiro viaxou a España en 1985 e descubriu á autora a través dos artigos que sobre o centenario da súa morte publicábanse nos medios de comunicación. Alonso Montero abriulle a Nakanishi as portas do mundo rosaliano. Esa relación casual terminou coa primeira tradución ó idioma nipón dunha ducia de poemas de “Cantares Galegos”, incluídos no libro “A poetisa, Rosalía de Castro”.

O volume “A poetisa, Rosalía de Castro”, publicado coa axuda do programa Baltasar Gracián, do Ministerio de Cultura, circula no mercado xaponés dende fai varios meses. “O libro estase vendendo ben e estase lendo porque en Xapón temos moitos profesores de castelán que se interesan por Rosalía”, comentou Shazo Nakanishi.

Ningún poeta da historia da literatura do país do Sol Nacente pode compararse a Rosalía, unha muller totalmente descoñecida nesa illa oriental. “Lorca tradúcese en Xapón dende fai corenta anos e o mesmo ocorre con Machado, pero Rosalía empézase a coñecer agora”, di.

Shazo Nakanishi ten previsto publicar en breve a tradución de “A miña nai” e logo fará o propio con Follas Novas. “Cada ano quero sacar á luz unha obra desta autora para que dentro de dous ou tres anos fálese dela tanto como de Machado ou Lorca”.

Traducir a Rosalía ó xaponés non é unha tarefa fácil. Para o poema “Adeus ríos, adeus fontes”, o favorito deste poeta nipón, Shazo investiu un total de dez anos para que os seus compatriotas puidesen chegar a entendelo. “Necesitei todo ese tempo para documentarme e entender o mundo do século XIX en Galicia. Só así se pode facer unha boa interpretación”, asegurou este xaponés para quen traducir non é só cambiar as palabras, senón tamén interpretar os sentimentos que se describen.

Visión da poetisa

A poetisa, Rosalía de Castro é un libro que se divide en dúas partes. Na primeira, Shazo Nakanishi ofrece unha rápida visión sobre a vida da autora padronesa. Ó primeiro capítulo, titulado Choiva en Santiago, séguelle outro no que o poeta fala con Maruxa Villanueva sobre a vida de Rosalía. Tras esta especie de prólogo que fai as veces de contexto, insértanse os doce poemas de Cantares Galegos que máis gustaron a este intelectual xaponés namorado por unha muller padronesa do século XIX.

María Cedrón “La Voz de Galicia” do 4 de maio de 2000