Axudas para a adquisición de material
Mércores, 02 Xuño 2010 12:13
Estimadas familias:
Comunicámosvos que no día de onte saiu publicada no Diario Oficial de Galicia a “Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-11.”
Para aqueles que desexedes optar á axuda, deberedes presentar a solicitude segundo o anexo I desta orde. As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería e tamén se poderán descargar en formato pdf do portal educativo no enderezo electrónico www.edu.xunta.es, ligazón de “Gratuidade solidaria de libros de texto”, onde tamén podedes atopar toda a información necesaria ao respecto.
Un cordial saúdo.
Mª José Nogueiras
Secretaria








