Padre Feixoo

 

Naceu en Casdemiro (Ourense) en 1676 e morreu en Oviedo en 1764. Aos 14 anos fíxose monxe benedictino no Convento de Samos (Lugo), e de alí foi destinado a Oviedo.
 
Foi un gran estudioso e chegou a ser unha das personalidades máis eruditas da España do seu tempo, xunto co P. Sarmiento, o seu gran amigo . Era alto, ben parecido, simpático, bo amigo de conversar e, sobre todo, gran escoitador.
 
Foi conscente de que no seu tempo as xentes sobre todo en Galicia, pasaban moita fame. O sal era moi caro e os campesiños que podían cocían o pan en auga de mar. Non había patacas nin pan de millo, porque estes cultivos non chegaran aínda de América. A Galicia chegaron a finais do século XVIII. En Galicia durante as fortes fames negras chegáronse a comer ortigas -segundo conta o P. Feixóo-. Ademais, os labradores tiñan que pagar fortes contribucións -que aínda pagan- e iso obrígalles a emigrar e -conta o P. Feixóo- as mulleres chegan a disfrazarse de homes para ir gañar o seu xornal na sega de trigo de Castela.
 
O P. Feixóo falaba en galego sempre coa súa familia e deixou escrito que ben lle gustou escribir tamén os seus libros en galego.
 
En Europa -nos medios cultos- líanse os seus libros, pero poucas xentes de España estaban preparadas para poder facelo naqueles tempos. É ben sabido que os seus libros deron moito diñeiro e ese diñeiro repartíao sempre entre os pobres. En 1741 e 1743, época en que houbo unhas terribles fames negras en Galicia, el mandou comprar gran cantidade de gran e repartilo gratuitamente entre os labradores pobres.
 
Naceu este ilustre polígrafo en Casdemiro, concello de Pereiro de Aguiar (Ourense), o 8 de Outubro de 1676 e morreu en Oviedo o 26 de Setembro de 1764, no Mosteiro de S. Vicente.
 
Fíxose monxe benedictino ao catorce anos no Mosteiro de Samos (Lugo). Logo veu destinado ao Mosteiro de Lérez e tamén estivo no de Poio. Pero moi novo mandárono a Oviedo, onde viviu e morreu.
 
Estudou Teoloxía na Universidade de Oviedo e chegou a ser profesor desta mesma universidade aos 33 anos. Ocupou a cátedra durante corenta anos. Publicou oito tomos que titulou TEATRO CRITICO UNIVERSAL e que son unha serie de disertacións sobre moitas cuestións científicas: Filosofía, Literatura, Teoloxía, Medicamento, Historia, Ciencias Naturais, Matemáticas, Xeografía, Política, Artes, etc... e máis adiante as CARTAS ERUDITAS, estudos de carácter análogo aos anteriores. A figura de Feixóo destaca polo seu relevo vigoroso, aburado por un insaciable afán de saber, comprendeu deseguido o atraso da ciencia española. O seu propósito esencial foi o de reincorporarnos ás formas universais da cultura. O amor á verdade e o desexo de sementar nos espíritos ideas novas e normas de conduta máis humanas foron os motivos que lle guiaron a escribir.
 
Os seus ensaios teñen un carácter enciclopédico e nalgúns se dedica a combater as supersticiones e erros vulgares. É un espírito investigador da verdade e un excelente relixioso.