Festa das Lestras Galegas

 

Prezados amigos:
 
Este venres día 3 de xuño, celebramos a  “FESTA DAS LETRAS GALEGAS”. Para conseguir unha boa organización é imprescindible contar coa vosa colaboración:
 
  • Horario: de 17:00 a 20:30 horas.
  • Os alumnos de Educación Infantil e Primaria, só poderán asistir á festa se están acompañados dun adulto. Cando rematen as respectivas actuacións os nenos/as quedarán baixo a responsabilidade dos seus papás/mamás.
  • Este día non haberá actividades extraescolares e o servizo de comedor só funcionará para os alumnos fixos deste día e os de 4º da ESO encargados de organizar a festa.
  • Os alumnos de Ed. Infantil e Primaria que utilicen o servizo de comedor e queden despois á festa terán que traer cuberta a autorización.
 
Pregámosvos que lle recordedes a todos a importancia dun correcto comportamento.
 
 
Por cuestións organizativas do centro, informámosvos que este venres, día 3 de xuño, día no que se celebrará a festa das Letras Galegas:
 
  • Pecharase o portal principal de acceso á Escola ás 16:45 h. e non se volverá a abrir ata ás 20:00 h.
  • Pecharase a cancela de acceso ao centro a partir das 16:00 h.
  • Abrirase o acceso aos campos de deporte a partir das 16:30 h.
 
Agradecemos a vosa comprensión.
Un saúdo cordial          
                        
Os profesores