As TIC na Escola
Luns, 08 Marzo 2010 09:39
Dende esta semana xa están instalados e en funcionamento os equipos informáticos e un canón de luz en cada aula dende 4º de Educación Primaria ata 3º de Secundaria. Deste modo os profesores e profesoras da Escola poden empregar estas ferramentas como
medio de traballo nas súas clases. Asimesmo ao estar dotados todos estes ordenadores dunha conexión á Internet facilítase o acceso á enorme cantidade de información e recursos didácticos que a rede nos ofrece. Funciona como un ordenador normal pero cunha gran pantalla para que os nenos e nenas poidan ver de maneira simultánea o que os docentes lles proxecten.
Damos asi un paso máis na incorporación ás aulas das TIC en todos os niveis do ensino, transmitir aos nosos nenos e nenas a importancia dun uso pedagóxico e non só lúdico deste mundo. Ensinarlles que a rede ofrece un sinfín de posibilidades de aprendizaxe e de obtención da información, que debidamente canalizada pode facilitar o seu traballo e abrir un enorme campo.
A posibilidade de facer viaxes virtuais pola xeografía, polo corpo humano, entrar en museos lonxanos, consultar dicionarios de todos os idiomas, escoitar as noticias en inglés, observar imaxes de animais, árbores que doutro modo serían impensables, consultar exames de selectivade, utilizar laboratorios de química virtuais e miles de cousas sen se mover do pupitre. A Internet é moito máis que os xogos on line ou as redes sociais. Como todo, empregado con sabedoría e intelixencia, posibilítanos infinidade de escenarios.








