Setembro 2010
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

SOS Haití

 

 

 

O compromiso, a empatía e a xenerosidade dos nosos nenos e rapaces para causas solidarias, sempre que lles damos a oportunidade para demostralo, son motivo de orgullo. Escribir unhas liñas para que as familias compartan este sentimento cos profesores das Escola non pode ser máis placenteiro.

 

Entre todos reuniron algo máis de 6.500 euros, xa se ingresaron na conta que Cruz Vermella ten aberta para os damnificados do terremoto de Haití. A sensación de ter feito o correcto e a satisfacción de axudar a outros seres humanos non precisa de moitas e grandilocuentes palabras.

 
             Grazas